As proxeccións do INE a dez anos mostran unha Galiza cuns índices de envellecemento sen parangón. Por cada mozo demenos de 20 anos que en 2024 viva no país haberá case o duplo de maiores de 64. Nalgunhas comarcas a proporción será de 4 anciáns por cada mozo.
As proxeccións a curto prazo feitas polo INE para Galiza indican que de aquí ao 2014 o país perderá 135.000 habitantes, o que supón a diminución do 5% da poboación en apenas dez anos. Unha merma que deixa especial pegada nas provincias interiores, nomeadamente Lugo, onde esa queda é do 9,6 por cento.Mais un dado para a preocupación é como as proxeccións amosan un progresivo envellecemento da poboación do país. Un envellecemento que levará a que en 2024 máis do 27% das e dos galegos teñan máis de 65 anos de idade. E tal e como indica o Instituto Galego de Estatística (IGE), o índice de envellecemento previsto para dentro de nove anos é do 182%, o que significa que naquela altura por cada 100 menores de 20 anos que haxa en galiza haberá 182 maiores de 64. Unha pirámide con consecuencias a todos os niveis, desde poboacional, natalidade, económico, prestación de servizos, entre moitas outras.
As áreas máis envellecidas serán as situadas na marxe oriental da provincia de Lugo e central da provincia de OurenseTal e como expón o IGE, as áreas máis envellecidas serán as situadas na marxe oriental da provincia de Lugo e central da provincia de Ourense. Así, nas comarcas situadas na zona de Os Ancares, A Fonsagrada e Sarria a relación entre menores de 20 e maiores de 64 atoparase moi preto do valor 400 (382 maiores por cada 100 menores). O mesmo acontecerá na zona sur da provincia de Ourense (comarcas da Baixa Limia, A Limia, Terra de Celanova, Verín e Viana), onde o índice de envellecemento proxectado para 2024 situarase en 405,7.
Mais tamén nas áreas urbanas e atlánticas darase ese escenario, se ben con menor incidencia. Así, na área da Coruña o índice de envellecemento estará en 158 (por cada 10 menos de 20 anos, case 16 maiores de 64), e na de Vigo en 146. En Pontevedra será segundo as proxecións de 144.
Ningún comentario:
Publicar un comentario