venres, 20 de novembro de 2015

Sarria acolle o XXVIII Congreso de Ensinantes de Ciencias de Galicia

Sarria acolle dende hoxe xoves e ata o vindeiro sábado 21 de novembro o congreso de Ensinantes de Ciencia de Galicia (ENCIGA), que reunirá a centos de profesores no instituto sarrián Xograr Afonso Gómez. Paralelamente ás xornadas, haberá tres exposicións sobre biodiversidade na zona, instrumentos de medida tradicional na comarca, maquetas da vila actual, a importancia da auga e unha centrada en distintos científicos actuais e do futuro.
As conferencias centrais estarán abertas a todo o público e celebraranse no salón de actos do centro. A primeira será hoxe a partir das 20.15 horas e vai impartila o catedrático de Análise Matemática da USC Alberto Cabada baixo o título: “Análise non lineal”. A segunda será o venres ás 19 horas. A profesora lucense Mercedes Sampayo falará do recoñecido matemático de Samos Vicente Vázquez Queipo. A última será o sábado ás 13 horas e será a cargo da profesora e investigadora da Universidade de Londres e natural do Incio, Olalla Castro, que falará da súa experiencia no estranxeiro.
Máis información no seguinte enlace:
http://www.enciga.org/?q=Ultimas_novas_XXVIII_congreso

Ningún comentario:

Publicar un comentario