A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
vén de adxudicar 4 axudas a agrupacións estratéxicas do Sistema
universitario de Galicia (SUG) co fin de que conten con financiamento
estrutural para desenvolver investigación de alto nivel en campos estratéxicos para Galicia. A resolución sae publicada hoxe no DOG e pode consultarse no seguinte enlace http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151105/AnuncioG0164-281015-0001_es.html.
O obxectivo último pasa por consolidar un sistema investigador con
capacidade de liderado, estabilidade e dimensión necesaria para
desenvolver o seu traballo a longo prazo en áreas prioritarias para a Comunidade galega.
Segundo explicou a Xunta, as axudas para agrupacións estratéxicas van
dirixidas a impulsar unha contorna axeitada e atractiva para o
desenvolvemento da actividade científica no eido universitario,
fomentando estratexias de cooperación “supragrupo” que
permitan incrementar tanto a calidade das actuacións en I+D como a
capacidade de asumir novos retos favorecendo a agrupación de
capacidades. A axuda prevé un importe de 500.000 euros en tres anualidades para cada unha das agrupacións seleccionadas.
En total presentáronse 9 propostas distintas das que, tras un exhaustivo proceso de avaliación, foron seleccionadas as 4 gañadoras.
En todo caso, as que non obtiveron esta axuda contarán coa estabilidade
necesaria para seguir desenvolvendo o seu traballo, profundando na súa
eficiencia a fin de poder concorrer con maiores garantías a vindeiras
convocatorias. Entre as agora seleccionadas, dúas delas pertencen á Universidade de Santiago de Compostela (USC), unha á Universidade da Coruña (UDC) e outra á Universidade de Vigo (UVigo). Ademais, abranguen distintas áreas de coñecemento.
Máis información no seguinte enlace:http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/2726/cultura-educacion-concede-axudas-para-agrupacions-estratexicas-cun-investimento
Ningún comentario:
Publicar un comentario