As entidades organizadoras do Correlingua (Asociación Socio-Pedagóxica Galega; CIG-Ensino; A
Mesa pola Normalización Lingüística e os concellos de Lugo, Pontevedra, Vigo e
Ourense) presentaron a décimo sexta edición desta iniciativa lúdico-didáctica
deseñada para que o alumnado de todos os ciclos educativos reivindique
publicamente o uso do galego. A carreira, que nesta edición leva por lema "O
galego está en nós" (en homenaxe ao poeta Manuel María), percorrerá doce
localidades galegas entre os días 2 e 16 de maio de 2016.
Máis información aquí.
Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario