Ademais a Consellaría especifica que esta orde terá vixencia non só durante o curso que vén senón tamén o seguinte: 2016-2017.
Denunciamos esta política da Consellaría
de Educación que, en lugar de centrar os esforzos en manter e mellorar a
calidade do ensino público, dedica unha parte importante do orzamento
de educación a financiar centros privados, un financiamento que se
incrementa ano a ano, mentres os centros públicos teñen que aturar que
se supriman unidades e que non se atendan as necesidades materiais e de
profesorado.
Este luns, 17 de agosto, a Consellaría de educación publicaba no
DOG unha orde pola que se modifican os concertos educativos con centros
privados. A CIG-Ensino denuncia que, mentres A Consellería continúa
recortando profesorado e negándose a cubrir as demandas feitas polos
centros, nomeadamente profesorado de Pedagoxía Terapéutica (PT) e
Audición e Linguaxe (AL), segue a incrementar, un ano máis, o número de
unidades concertadas con centros privados, incrementando así os fondos
públicos para financiar empresas privadas.
A Consellaría recorre, outro ano máis, ao mes de agosto, para facer público no DOG as modificacións dos concertos cos centros privados, co obxecto de que pasen desapercibidos ao conxunto da sociedade. E fai isto despois de dar instrucións á inspección educativa para que se continúe recortando profesorado nos centros públicos, fixando uns cadros de persoal para o vindeiro curso en que se pode constatar como a Consellaría, non só non atende as solicitudes dos centros educativos, senón que pretende recortar o xa insuficiente número de docentes, nomeadamente o profesorado de Pedagoxía Terapéutica (PT) e Audición e Linguaxe (AL). Fronte a esta situación na pública, a Consellaría incrementa o número de unidades concertadas, ampliando os concertos ao 2º curso de FP Básica e mesmo incrementando o número de unidades que xa se incrementaran en anos anteriores.
Sucede así en Educación Primaria, pois a orde publicada hoxe recolle un incremento neto de 5 unidades concertadas máis ca no curso que remata este mes de agosto.
Tamén en FP. En FP Básica se incrementan os concertos ao 2º curso, polo que serán 19 unidades concertadas máis ca este curso. Increméntanse tamén as unidades concertadas de FP en dúas unidades, unha delas nun dos centros que discrimina o alumnado por xénero. Isto é posíbel por mor da modificación legal introducida pola LOMCE, promulgada co obxectivo de regularizar os concertos aos centros que segregan o alumnado por sexo (cinco centros ligados ao Opus Dei), algo que a CIG-ensino segue considerando inadmisíbel polo que no seu día presentou recurso que finalmente gañou, ao estimar o Tribunal Supremo que non se podían subvencionar con cargo a fondos públicos este tipo de centros.
Ademais a Consellaría especifica que esta orde terá vixencia non só durante o curso que vén senón tamén o seguinte: 2016-2017.
A CIG-Ensino denuncia esta política da Consellaría de Educación que, en lugar de centrar os esforzos en manter e mellorar a calidade do ensino público, dedica unha parte importante do orzamento de educación a financiar centros privados, un financiamento que se incrementa ano a ano, mentres os centros públicos teñen que aturar que se supriman unidades e que non se atendan as necesidades materiais e de profesorado.

Ningún comentario:
Publicar un comentario