No marco do congreso que esta entidade científica celebrou a pasada semana en Praga a súa presidenta, Lisbeth Knudsen, entregoulle a Valdiglesias o galardón que a distingue como a investigadora europea menor de 35 anos con mellor traxectoria científica. No mesmo congreso, a doutora coruñesa impartiu unha conferencia.
Esta nova distinción súmase a un amplo currículo que comezou coa licenciatura en Bioloxía pola UDC e o mestrado en Biotecnoloxía pola Universidade de Granada. Foi na universidade coruñesa onde Valdiglesias realizou a súa tese, traballo que, lembra a institución académica, xa obtivo "o premio para a promoción de novos investigadores da Real Academia Galega de Ciencias". O seu doutoramento, no ano 2010, obtivo o sobresaínte cum laude e o Premio Extraordinario de Doutoramento.
A bióloga foi distinguida como a investigadora menor de 35 anos con mellor traxectoriaO premio Dolores Trigo distinguiu en 2013 parte da súa investigación postdoutoral, se ben tamén obtivo recoñecementos de xeito colectivo. Así, o grupo de investigación da UDC no que se integra, lembra a universidade, "obtivo numerosos premios de investigación". O máis recente é o da Fundación Agrupació, que centra a súa actividade no estudo da fraxilidade das persoas maiores.
Valdiglesias forma parte do grupo de investigación que estudou os efectos da exposición ao fuel do PrestigeOutro dos fitos da carreira investigadora de Vanessa Valdiglesias foi o estudo sobre os efectos para a saúde asociados á exposición ao fuel do Prestige. Este traballo, resalta a Universidade da Coruña, acadou "repercusión mundial". Por este motivo, os membros deste grupo de inversigación "foron reclamados como asesores no Instituto Nacional de Medicina dos Estados Unidos para xestionar a explosión da plataforma petrolífera Deepwater Horizon no golfo de México en 2010.
Ningún comentario:
Publicar un comentario