Nos últimos cinco anos suprimíronse 3.000 postos docentes, xa que mentres se xubilaban máis de 4000 só se convocaban oposicións para 993 prazas. A CIG-Ensino denuncia que co inicio do curso escolar afloran as necesidades e carencias do ensino público galego.
O mapa escolar para este curso ten 13 escolas e 48 unidades menos en
educación infantil e educación primaria, resultado da supresión de 81
unidades e a creación de só 33, mentres que o ensino privado concertado
tivo un incremento neto de 5 unidades en primaria e 21 na formación
profesional.
Nos últimos catro anos a Consellaría de Educación destinoulle 1000 millóns de euros dos orzamentos da Xunta e concertou 215 novas unidades, mentres que no ensino público os orzamentos foron reducidos en 181 millóns ( 680 desde o ano 2009), pecharon 46 escolas e suprimiron 327 unidades.
Segundo puido constatar a CIG-Ensino, o sindicato máis poderoso no sector, numerosos centros non teñen atendidas as súas demandas e emerxen novos e abundantes conflitos debido á falta de profesorado necesario, nomeadamente especialistas de PT e AL.
Na adxudicación definitiva de destinos dos mestres e mestras sen destino definitivo, publicada no DOG do 31 de xullo adxudicóuselles destino a 2.797 mestres e mestras, dos e das que o 15 % son itinerantes (un 22% máis que o curso pasado), o 8% suprimidos ou desprazados (un 39% máis), o 12% imparte afíns (un 62% máis) e o 42% é persoal interino.
“Proliferan as aulas masificadas por riba das ratios máximas estabelecidas, agrupamentos de alumnado de diferentes cursos e idades nun mesmo grupo, profesorado que está obrigado a impartir materias das que non é especialista e centros carecen de perfís profesionais (educadores e asistentes sociais coidadores e coidadores ...) e de persoal administrativo. Aumenta o profesorado que ten que impartir aulas en diferentes centros e non se cobren as baixas laborais de menos de 15 días”, denunciou o mércores o secretario xeral Anxo Louzao.

Ningún comentario:
Publicar un comentario