Comeza o novo curso e, máis un ano, o galego ficará afastado da educación infantil, proscrito das materias científico-técnicas e arredado dos materiais académicos na FP. A nosa lingua continuará a ser estranxeira nas aulas do país, en aplicación do decreto do plurilingüismo que, embora a nova retórica dun PP que até asinou a declaración promovida pola Mesa pola Normalización Lingüistica, se mantén vixente como mostra da galegofobia do partido no poder en San Caetano.
Nos últimos catro anos, a Administración galega destinou 1.000 millóns de euros ao ensino concertado, mentres que reduciu 181 millóns de euros na escola públicaUn dado abonda para ilustrar as prioridades da Xunta en materia educativa e o seu nesgo profundamente clasista e contrario á equidade social: nos últimos catro anos, a Administración galega destinou por volta de 1.000 millóns de euros ao ensino concertado (concertando até 215 novas unidades), mentres que, no mesmo período do tempo, reduciu 181 millóns de euros (680 desde 2009) na escola pública, o que conlevou o fechamento de 46 escolas e a supresión de 327 unidades.
Con estes dados sobre a mesa, é doado prognosticar que as mobilizacións da comunidade educativa contra estas políticas voltarán a ser a norma un curso máis. A nula capacidade de diálogo do PP fainas inevitábeis.
Ningún comentario:
Publicar un comentario