'números clausus'
Un total de doce títulos esgotaron as súas prazas no cuarto prazo de matrícula para titulacións con 'números clausus' no sistema universitario de Galicia.O prazo estenderase dende este martes ata o venres, e está destinado a alumnos das PAU, titulados de FP, maiores de 25 anos, estranxeiros de países non membros da Unión Europea, deportistas de alto nivel e estudantes con algunha minusvalidez preinscritos en xuño. Á súa vez, ábrese o primeiro prazo para alumnos titulados que formalizaron a preinscrición nese mes.
En concreto, esgotaron as súas prazas o grao en Bioloxía da Universidade de Vigo; Administración e Dirección de Empresas, Bioloxía, Óptica e Optometría, Psicoloxía, Química, Enfermaría, Mestre en Educación Infantil, e Mestre en Educación Primaria da USC; e Bioloxía, Enfermaría e Podología da súa homóloga coruñesa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario