A través deste programa de apoio, pioneiro no seu ámbito dentro do
panorama español, a Xunta mantén a súa aposta polos novos valores da
creación cinematográfica en Galicia. O obxectivo é favorecer a súa
incorporación á industria audiovisual, ao tempo que se promove a
xeración de novas propostas narrativas, se impulsa o emprego do idioma
galego no sector e se contribúe ao enriquecemento cultural do país
mediante as distintas formas de expresión audiovisual.
Máis información no web da Agadic.
Ningún comentario:
Publicar un comentario