A AMTEGA abrirá esta semana o prazo de inscrición para a
obtención da Certificación galega de Competencias Dixitais en Ofimática (CODIX),
publicándose a convocatoria no DOG nos vindeiros días, con 180 prazas para este
curso preparatorio, previo ao exame presencial que terá lugar a mediados do mes
de xaneiro.
Para acceder a este curso os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos, estar dado de alta como usuarios da rede CeMIT e abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame. O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio.
O prazo de inscrición será de cinco días naturais a partir do seguinte da publicación da convocatoria no DOG. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT. As persoas admitidas deberán aboar no prazo de cinco días naturais desde a data da súa publicación a taxa de 10 euros correspondente aos dereitos de exame.
- Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas)
- Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas)
- Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas)
- Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer. (30 horas)
- Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas)
Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2015, que terá a súa continuación cunha nova convocatoria de exame presencial en outubro para aqueles cidadáns que xa posúan os coñecementos necesarios ou que opten pola modalidade autoformativa, ata chegar a un total de preto de 1.100 prazas dispoñibles para que a cidadanía poida acreditar as capacidades, destrezas e coñecementos en ofimática definidos no dito plan.
Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron mais de 600 as prazas convocadas en cursos de teleformación titorizada e de 1.300 as persoas que se someteron á avaliación dos seus contidos nas probas presenciais celebradas en diversas aulas da rede.
Para acceder a este curso os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos, estar dado de alta como usuarios da rede CeMIT e abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame. O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio.
O prazo de inscrición será de cinco días naturais a partir do seguinte da publicación da convocatoria no DOG. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, publicarase a relación provisional de persoas admitidas na páxina web da rede CeMIT. As persoas admitidas deberán aboar no prazo de cinco días naturais desde a data da súa publicación a taxa de 10 euros correspondente aos dereitos de exame.
Plan Formativo Ofimático de Galicia
Durante as 12 semanas de duración deste curso, as persoas matriculadas formaranse nos contidos que compoñen o Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto actualmente polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 Ofimática (190 horas) do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:- Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas)
- Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas)
- Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas)
- Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer. (30 horas)
- Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas)
Esta convocatoria forma parte do Plan de Formación da rede CeMIT para este ano 2015, que terá a súa continuación cunha nova convocatoria de exame presencial en outubro para aqueles cidadáns que xa posúan os coñecementos necesarios ou que opten pola modalidade autoformativa, ata chegar a un total de preto de 1.100 prazas dispoñibles para que a cidadanía poida acreditar as capacidades, destrezas e coñecementos en ofimática definidos no dito plan.
Dende a habilitación da rede CeMIT para a formación e avaliación dos contidos formativos do CODIX en maio de 2014, foron mais de 600 as prazas convocadas en cursos de teleformación titorizada e de 1.300 as persoas que se someteron á avaliación dos seus contidos nas probas presenciais celebradas en diversas aulas da rede.
Ningún comentario:
Publicar un comentario