INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
martes, 4 de novembro de 2014
A USC súmase á conmemoración do Día da Ciencia en Galego
A Universidade de Santiago de Compostela presenta o programa de actividades co que conmemorará os vindeiros 4 e 8 de novembro,
por cuarto ano consecutivo, o Día da Ciencia en Galego. Nesta edición,
na que se reivindica o dereito a gozar da Física en galego, a USC quere
darlle visibilidade ao traballo que se está a desenvolver no Campus de
Lugo. O programa do 4 de novembro
inclúe unha visita guiada á exposición “Sensores”, dous relatorios
sobre robots e navegación espacial impartidos polos docentes Roberto
Iglesias e Manuel Andrade, e unha observación astronómica. O 8 de novembro terá lugar o primeiro editatón galego, organizado pola Biblioteca Intercentros, a Galipedia e Proxéctate en Galego.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario