O debate sobre as diferentes variantes do galego implica aos máis
novos a través da Rede. Así o demostra os recentes vídeos producidos por
rapaces de Ribadeo e do Barbanza.
O primeiro, Ghalegho, foi
elaborado por unha estudante de xornalismo de Rianxo, criticaba os
problemas que sofren os galegofalantes que empregan a gheada ou o seseo,
dúas características da lingua en moitas zonas costeiras. Nese vídeo
unha moza contaba como tivo problemas por falar así en Ribadeo.
De seguido, un grupo de estudantes do IES Dionisio Gamallo de Ribadeo
respondeu con outro filme. Nel os mozos deixan claro que non están en
contra de ningunha variante, e de feito, presumen das súas propias
peculiaridades na pronuncia e no léxico. E é que "a nosoutros gústanos o
galego con todas as variantes. Estamos orgullosos do galego".
Para acceder ao vídeo de Ribadeo, preme aquí.
Información tirada de Galicia Confidencial e mais de La Voz de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario