A Facultade de Informática da Universidade da Coruña vén de convocar un concurso, dirixido a grupos de estudantes de secundaria liderados por un profesor ou profesora, co obxectivo de incrementar o coñecemento e a visibilidade da actividade das mulleres destacadas no eido das Tecnoloxías da Información. Os e as participantes deberán, a partir dunha fotografía, adiviñar de quen se trata e elaborar unha biografía en galego en formato Wiki. Esta biografía deberán publicala nunha Wiki que a Facultade creará para eles. Ademáis, poderán contribuír á Wikipedia en galego.
Os e as participantes deberán, a partir dunha fotografía, adiviñar de quen se trata e elaborar unha biografía en galego en formato WikiComo destacaba Susana Ladra, vicedecana de Organización Académica da Facultade de Informática da Coruña, en entrevista con Praza, que "faltan referentes femininos que sirvan de modelos a futuras estudantes, e en xeral, a toda a sociedade. Toda a sociedade coñece nomes de homes de éxito no mundo da informática: Bill Gates, Steve Jobs, Mark Zuckerberg e un largo etcétera. Pero quen coñece a Marissa Mayer? É a presidenta de Yahoo. Ou quen sabe que HP ou Microsoft España están presididas tamén por mulleres?".
O período de inscripción comezou o pasado 13 de novembro e estará aberto ata unha semana antes da finalización do concurso. As fotografías obrigatorias e a Wiki estarán dispoñibles a partir do 20 de novembro. O concurso finalizará o 20 de xaneiro de 2015 e os e as gañadoras serán anuncidados na última semana dese mes de xaneiro. A Wiki gañadora será enlazada dende a web da Facultade de Informática da Coruña. Ademáis, a organización espera poder ofrecer un premio que se revelará máis adiante.
O obxectivo desta actividade, ademais de axudar a visibilizar as importantes achegas realizadas por mulleres, busca tamén informar das vantaxes dunha carreira profesional dedicada ás TICO obxectivo desta actividade, ademais de axudar a visibilizar as importantes achegas realizadas por mulleres, busca tamén informar das vantaxes dunha carreira profesional dedicada ás TIC. A actividade insírese no marco da Anita Borg Week, un evento organizado para conmemorar o aniversario de Anita Borg, composto de microeventos locais en todo o mundo, orientados a promover o papel da muller nas novas tecnoloxías. Está promovida pola Anita Borg Scholarship Alumni, organización formada por antigas gañadoras e finalistas da Google Anita Borg Scholarship. A asociación tén como meta construír unha comunidade na que as mulleres poidan conectar, apoiarse unhas a outras, e achegar este campo a outras mulleres de distintas idades, facendo campañas tanto en institutos, como universidades e empresas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario