O xuri do certame Pérez Parallé sumouse á campaña “Galego em Liberdade” que promove a AGAL e reclama incluír nas bases dos concursos unha mención expresa á non discriminación pola normativa empregada.
Os xuri do certame Pérez Parallé sumouse á campaña promovida pola AGAL, “Galego em Liberdade”, segundo informa a propia entidade reintegracionista, e reclamou desde a mesma resolución do certame que nas bases dos concursos literarios se inclúa unha mención á non discriminación por normativa.O xuri do certame Pérez Parallé, que nesta edición recoñeceu a obra do escritor Eduard del Castillo, estivo composto polos escritores Gonzalo Hermo, Mariña Pérez Rei e Carlos Quiroga.
Os tres membros decidiron sumarse á campaña Galego em Liberdade que a AGAL botou a andar logo da denuncia que o escritor Vítor Vaqueiro fixo pública nun artigo publicado en Sermos Galiza de ter sido discriminado no premio Victoriano Taibo por razóns da normativa lingüística.
O xuri do Pérez Parallé defende que, nos premios literarios, ten que se impoñer a “qualidade artística das propostas”. Esixen tamén por escrito que “a que as atitudes censoras fiquem como umha relíquia do passado”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario