Cantos xornais dixitais en galego se
poden atopar hoxe en día? Cantos quedan en papel? Hai algún todo el en
galego? E cal é a situación da radio e da TV? Ven á mesa redonda se
queres saber máis deste tema!
Unha actividade imprescindible para coñecer de primeira man a
situación actual dos medios de comunicación galegos, a través das
variadas perspectivas das persoas participantes, todas elas profesionais
do sector.
Participan Olalla Rodís (Sermos Galiza), Xurxo Salgado (Galicia
confidencial), Ubaldo Cerqueiro (Que pasa na Costa), Raul Rios (Novas da
Galiza) e Aurélio Lopes (moderador, Irmandade TV).
Data, hora e lugar: 13 de novembro de 2014, ás 18:30, no salón de actos da EOI de Santiago de Compostela.
Organiza: Departamento de galego e EDNL
Ningún comentario:
Publicar un comentario