A obra preséntase hoxe xoves, 27 de novembro, na Facultade de Relacións Laborais de Santiago de Compostela
O 27 de novembro, terá lugar ás 18 h, en Santiago de Compostela, a presentación do libro "«Práctica docente. El derecho en defensa de tus derechos», de Carmen Perona. O acto desenvolverase no salón de graos da Facultade de Relacións Laborais (Campus Vida).
O libro, que se pode descargar de balde na web de CCOO-Ensino de
Galicia, é unha obra eminentemente práctica que forma e asemade informa;
que dá resposta aos problemas cotiáns que se lle poden presentar a
calquera docente na súa carreira profesional. Temas en ocasións tan
conflitivos como poden ser o acceso e mobilidade, permisos e licenzas,
retribucións, maternidade e paternidade, réxime disciplinario, delitos
específicos dos funcionarios, incompatibilidades, responsabilidade
xurídica, protección de datos, autoridade do profesorado, MUFACE ou
pensións de clases pasivas, entre outros asuntos.
Defenderse dos ataques
A autora de Práctica docente, Carmen Perona, é a responsable do Gabinete Xurídico da Federación estatal do Ensino de CCOO. A decisión de escribir este libro débese ao empeoramento das condicións salariais, laborais e profesionais dos docentes tras a chegada do PP ao poder. En opinión de Perona, o coñecemento dos dereitos e deberes que asisten o profesorado converteuse en peza clave para defenderse dos continuos ataques que está a sufrir por parte da Administración.

Ningún comentario:
Publicar un comentario