Cáritas Galicia presenta datos que mostran até que punto a crise está a afectar a todos os sectores da poboación.
Galicia é a autonomía con máis persoas que durmen na rúa no Estado, só por detras de Euskadi. Así o confirmaron hoxe dirixentes de Cáritas nunha rolda de prensa en Santiago.José Mouriño, director de Cáritas en Santiago, insistiu en desmitificar o perfil das persoas que "non teñen un teito no que protexerse". Segundo o seu datos, non son na súa maioría cidadáns de baixa formación acostumados a vivir na rúa. "Moitas veces a xente cre que o que están na rúa son analfabetos e iso é falso, os analfabetos son moi poucos", destacou Mouriño.
Cáritas asegura que máis dun 40% son persoas que perderon o seu traballo durante a crise. Os que non teñen estudios son una minoría. Cártitas indica que entre estas persoas un 12% ten estudos superiores e un 60,3% secundarios. Até un 80% homes e a media de idade anda 42,7 años.
A organización da Igrexa católica reclama cambios normativos para garantir o direito constitucional a unha" vivenda digna". Mentres tanto, segue atendendo as persoas marxinadas pero sempre, asegura, respectando a súa liberdade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario