Unha vintena de organizacións de estudantes
de varias rexións do mundo, entre as que figura a Coordinadora de
Representantes de Estudantes de Universidades Públicas (CREUP) fixeron
un chamamento o próximo 17 de novembro para que a Axenda de
Desenvolvemento post 2015 inclúa a educación "libre e gratuíta" en todos
os países do mundo.
A data sinalada para a reivindicación servirá para "conmemorar os
esforzos dos estudantes do pasado" e chamar a atención sobre "os retos
da actualidade".As organizacións, entre as que figuran tanto universitarios e estudantes doutros niveis de 39 países europeos, India, Filipinas, Canadá, Australia, Estados Unidos e doutras rexións; recordaron que, precisamente este ano, "os responsables políticos de todo o mundo están a traballar para establecer un marco global de educación".
Por iso, fixeron un chamamento a recordar que "a educación é un dereito" cuxa accesibilidade contribúe a garantir os "dereitos sociais e cívicos dos estudantes e do resto de cidadáns".
Ademais, recordaron que a liberdade educativa non soamente se refire á responsabilidade pública de garantir o acceso de todos os cidadáns á educación mediante "a abolición de toda barreira económica", senón tamén á supresión das "estruturas de opresión" que, segundo explicaron "moitas veces as sociedades replican nos seus propios sistemas educativos".
"As institucións educativas deben contribuír activamente a destruír os prexuízos e estereotipos das súas sociedades para garantir a igualdade de dereitos tanto na educación coma no conxunto das súas comunidades", declararon.
Por outra parte, o chamamento dos estudantes critica que "cada vez máis, os estudantes son vítimas das institucións e gobernos nas súas políticas de reforma da educación e da sociedade".
Neste sentido, pediron que os que ostentan o poder político "asuman a súa responsabilidade" garantindo que os estudantes "poden expresarse libremente" e organizarse "sen medo".
Ningún comentario:
Publicar un comentario