As marchas da dignidade publican un vídeo no que diferentes persoeiros da cultura e das forzas de esquerda do país unen a súa voz para promocionar a mobilización contra os recortes.
O próximo 29 de Novembro as Marchas da Dignidade tenterán encher a
praza do Obradoiro para reclamar "Pan, Traballo e Teito", o lema desta
mobilización. As organizacións sociais, sindicais e políticas fan un
chamamento á cidadanía galega para que saia á rúa a reclamar o que lle
pertence neste novo vídeo:
http://www.youtube.com/watch?v=Dn7-43vtibM
Este manifesto pronúnciase "en contra do pago da débeda contra os recortes, contra a represión e a corrupción" e proclámase a favor do "emprego digno, dereitos sociais, liberdades democráticas, renda básica e unha sociedade de mulleres e homes libres". Dos grupos parlamentares, AGE e BNG xa se pronunciaron a prol desta inciativa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario