martes, 25 de novembro de 2014

Os medios en español levan 9 veces máis axudas que os medios en galego

A Xunta destina 1.675.000 para os xornais dos grandes grupos de comunicación, mentres que reparte case 182.000 entre os xornais integramente en galego. Diario de Pontevedra é un dos que máis recibe, pese ao despido de traballadores. El Correo Gallego non está incluído na lista dos medios subvencionados. Relación das axudas no interior. 

A Xunta acaba de conceder máis de dous millóns de euros en axudas directas ás empresas xornalísticas e de radiofusion e para as empresas que realicen publicacións periódicas escritas integramente en galego. E, como aconteceu outras veces, os grandes grupos de comunicación son os grandes beneficiados, ás veces, por partida dobre ou triple.
 
Así, as axudas aos medios en español supoñen 9 veces máis da que reciben os medios en galego, máis de 1.675.000 dos grandes xornais fronte aos case 182.000 dos xornais escritos en galego. Unha situación, que tamén se explica, en boa medida, pola febleza dos medios en galego tras a decisión dalgúns grandes grupos mediáticos de suprimir as súas edicións en galego, como foi o caso de Galicia Hoxe, do Grupo El Correo, ou o gratuíto De Luns a Venres, do Grupo El Progreso, que nas anteriores convocatorias recibían importantes sumas.
 
Nestas axudas, e como xa acontece con outras precedentes, La Voz de Galicia, que este xoves reuníu na súa sede de Sabón á cúpula do PP con Mariano Rajoy á cabeza, é o medio máis beneficiado. Recibe 662.175,81 euros, fronte os 218.956,01 do segundo, o Faro de Vigo. Xa a máis distancia atópanse El Progreso de Lugo que percibe máis de 132.000 euros ou La Región, 66.000.

Diario de Pontevedra recibe máis axudas pese aos despidos

O que chama a atención destas axudas son os máis de 127.000 euros que recibe Lérez Ediciones, SL, que pertence ao Grupo El Progreso, e edita Diario de Pontevedra
 
Pese a súa difusión –centrada na cidade de Pontevedra e comarca--, é o cuarto xornal que máis axudas leva, moi preto do xornal matriz, El Progreso. Unha circunstancia que se produce, ademais, cando acaban de despedir a sete traballadores deste medio e tres bolseiros.
 
Tamén recibe case 85.000 euros Editorial La Capital, que edita El Ideal Gallego e Diario de Ferrol, e que tamén está inmerso en problemas laborais. Rías Baixas de Comunicación, S.A., do Grupo La Región, e editor de Atlántico Diario, leva 28.500.
 
En radios, Cadena Cope e Onda Cero, son as que máis levan, con 57.500  e 53.700 respectivamente. Logo están as distintas emisoras que colaboran coa Ser, que reciben entre 21.000 e 35.000 euros. Pola súa banda, Radio Voz, do Grupo Voz, leva 25.000 euros.
 
Neste ranking os que menos levan son as axencias de noticias e o xornal Sermos Galiza, que tamén recibe axudas na convocatoria de medio en galego. Así, Sermos percibe case 5.200 euros; a Axencia EFE,  4.400 euros eEuropa Press, 2.678.

Web Faro de vigo e Editorial Compostela 

Chama a atención que quede excluída destas axudas Editorial Compostela, a editora de El Correo Gallego. Unha exclusión que tería que ver coa súa situación económica. De feito, os datos aportados por esta sociedade fan indicar aos seus acreedores que ten un patrimonio neto tan baixo que podería ser “causa de disolución”.
 
Nesta relación tamén destacan os 22.247 euros que percibe Faro de Vigo Media, S.L. Esta é a empresa creada por Prensa Iberica para dotar de contidos á web farodevigo.es.  

Medios en Galego

No caso das empresas en galego, as axudas están moito máis repartidas, aínda que delas quedaron excluídas ás empresas que editan xornais en galego na rede. O medio que máis cartos recibe por utilizar o galego é Sermos Galiza, con case 35.000 euros. Síguelle Ediciones Edisport, S.LL, que cobra tres axudas diferentes que suman case 30.000 euros e Publicaciones Tameiga, S.L., que edita a Nova Peneira, con 12.200 euros.
 
O resto dos medios van desde os 8.300 de Terra Cha Xa e os 10.700 de Xornal Galicia Sur Pontevedra. Algúns dos medios subvencionados están asociados a Asociación de Medios en Galego (AMEGA), entre eles, Tempos Novos, Sermos Galiza, Terra Cha Xa ou A Nova Peneira.
 
AXUDAS PARA EMPRESAS DE COMUNICACIÓN E RADIOFÓNICAS
ANEXO
NIF
Empresa
Total
B15162068
Editorial La Capital, S.L.
84.964,13
B27000637
El Progreso de Lugo, S.L.
132.368,94
B35074681
La Opinión de La Coruña, S.L.
37.973,70
A32000325
La Región, S.A.
66.035,86
A36643674
Rías Baixas de Comunicación, S.A.
28.551,42
B36003549
Lérez Ediciones, S.L.
127.740,03
B15011950
Radio Coruña, S.L.
38.077,94
A15000649
La Voz de Galicia, S.A.
662.175,81
A36600815
Faro de Vigo, S.A.
218.956,01
A32003915
Radio Orense, S.A.
21.622,20
A36005346
Radio Pontevedra, S.A.
29.515,06
A36612414
Radio Vigo, S.A.
34.156,70
A27019710
Radio Lugo, S.A.
21.673,41
A28281368
Radio Popular, S.A.
57.416,29
B15054414
Voz de Galicia Radio, S.L.U.
25.507,85
A28782936
Uniprex, S.A.
53.746,05
A41606534
Europa Press Delegaciones, S.A.
2.678,54
A70301510
Sermos Galiza, S.A.
5.177,66
B36879054
Faro de Vigo Media, S.L.
22.247,85
A28028744
Agencia Efe, S.A.
4.414,55
AXUDAS PARA EMPRESAS QUE EDITAN XORNAIS EN GALEGO
ANEXO
NIF
Solicitante
Medio
Importe total
B36979920
Ediciones Edisport, S.L.L.
A Louriña
8.414,62 €
B36979920
Ediciones Edisport, S.L.L.
Vigo Deportivo
8.395,25 €
B32323925
Letras a la Carta, S.L.
Ourense por barrios
11.970,99 €
B32323925
Letras a la Carta, S.L.
Barrios Xinzo-Verín-Allariz-Celanova
9.725,55 €
B32323925
Letras a la Carta, S.L.
Barrios Deportivo
15.141,79 €
A15575574
Atlántica de Información e Comunicación de Galicia, S.A.
Tempos Novos
8.351,41 €
B27325398
Félix Jorquera Caselas, S.L.
Terra Cha Xa
8.372,40 €
B70077995
Arrincamos, S.L.
Sprint Motor
8.658,56 €
B32215329
Garherve, S.L.
O Sil ano 2000
8.951,76 €
B15919947
Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Código Cero
8.658,15 €
B70273651
Crónicas da Comarca, S.L.
Crónicas da Comarca-Edición Interior Coruñés
9.190,03 €
B94020716
Grupo Distribuciones Asesor Marketing Publicitario, S.L.
Xornal Galicia Sur Pontevedra
10.743,90 €
77006414E
Adelaida Domínguez Mariño
Xornal Galicia Sur Ourense
9.891,77 €
B94071545
Xornal Galicia Norte A Coruña, S.L.
Xornal Galicia Norte A Coruña
10.101,25 €
B36344430
Publicidade Terceiro Milenio, S.L.U.
Xornal 21
9.323,30 €
76870060N
Muñiz Domínguez, Miguel Manuel
Sustansia
8.270,70 €
B36271336
Publicaciones Tameiga, S.L.
A Nova Peneira
12.192,00 €
A70301510
Sermos Galiza, S.A.
Sermos Galiza
34.987,57 €

Ningún comentario:

Publicar un comentario