Os representantes dos centros consideran que se implantou de forma precipitada
Tres meses despois da chegada ás aulas da nova Formación Profesional básica, incluída na última reforma educativa (a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa, LOMCE), os directores de instituto consideran que a súa implantación foi "precipitada", con "falta de recursos" e sen un desenvolvemento das normativas autonómicas necesarias.O futuro da FP básica, dirixida aos estudantes con máis dificultades para rematar a educación obrigatoria, foi un dos puntos analizados pola Federación de Asociacións de Directores de Instituto (Fedadi) o pasado fin de semana. Os seus integrantes reuníronse en Madrid no seu trixésimo congreso, do que onte ofreceron as conclusións.
Manifestan unha "profunda preocupación" pola futura posta en marcha dos cambios en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e en Bacharelato, para os que aínda non se publicaron os decretos de currículos. E criticaron que a nova lei educativa lles dá un papel máis propio de xerentes que de "líderes pedagóxicos" dos centros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario