xoves, 6 de novembro de 2014

O galego RAG entre os 10 idiomas do mundo aos que a nova Ubuntu 14.10 está 100% traducida

Esta comunidade, na que segundo se pode ver na súa páxina web participan actualmente 14 voluntarios, é quen de manter a adaptación de Ubuntu á nosa lingua local nun altísimo nivel. Así sitúan ao galego entre os únicos 10 idiomas do mundo que acadan o 100%, por riba de linguas coma o chinés e xunto ao alemán, ao español ou ao portugués cunhas comunidades de usuarios e colaboradores moito máis numerosas, polo que só cabe dicir que o equipo galego suple cantidade con calidade e esforzo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario