O colectivo solidario O Mencer solicitou en datas pasadas a
colaboración das asociacións de Mulleres Rurais das distintas parroquias
para conseguir doazóns de alimentos non perecedoiros coas que sufragar
as demandas dos usuarios da súa repartición de alimentos. E en poucos
días recibiron xa resposta por parte dalgúns colectivos.
É o
caso, por exemplo, das asociacións lalinenses de Barcia e Bermés, que
realizaron unha achega centrada en patacas, cebolas, e outros produtos
procedentes da horta. Pero tamén se sumaron con lotes doutros aveños e
alimentos non perecedoiros que suplan as carencias das familias máis
desfavorecidas da zona.
Ningún comentario:
Publicar un comentario