O Manual
de Custodia Fluvial convértese, xa que logo, nunha ferramenta útil para
promover actividades de custodia do territorio. Está dirixido a todas
aquelas persoas e entidades que teñan interese en participar de forma
activa na protección, conservación e mellora dos ríos e zonas húmidas.
Outro
motivo desta publicación ten que ver co feito de que, dentro dos niveis
de participación do voluntariado no Proxecto Ríos, está contemplada a
posibilidade de adquirir un nivel maior de compromiso que permita
realizar accións concretas de mellora no treito de río escollido.
O Manual de Custodia Fluvial está dispoñible para a súa descarga en liña na seguinte ligazón: Manual_Custodia_Fluvial.pdf.
Ningún comentario:
Publicar un comentario