venres, 7 de novembro de 2014

Rodeiro abre a matrícula para o curso de acceso a ciclo medio e ESO

O Concello de Rodeiro abre o prazo de matrícula para o curso de preparación das probas libres de ESO e de acceso a ciclo medio que se celebrarán en 2015. Esta aula de traballo está dirixida a persoas maiores de 16 anos que abandonasen os seus estudos sen obter o graduado en ESO e desexen formalizar a súa formación básica. A metodoloxía céntrase nos principios da educación para adultos, amoldándose aos coñecementos previos, cun sistema semipresencial. Establécense dous días de clases á semana que se complementarán con traballos a distancia. O grupo de traballo será reducido, cun máximo de dez alumnos. O horario das clases negociarase cos alumnos, podendo establecerse horarios de mañá ou tarde. O custo da actividade é de 20 euros por mes. Os interesados poden anotarse no Servizo de Educación Familiar no teléfono 986 790 185 ou en educadora@rodeiro.org..

Ningún comentario:

Publicar un comentario