xoves, 20 de novembro de 2014

A Xunta aposta pola inmersión en inglés

O conselleiro de Educación destaca a experiencia altamente positiva da inmersión na lingua de Shakesperare.

Cursos de inglés en Galicia. Unha total inmersión lingüística para que os rapaces galegos acaben dominando a lingua de Shakespeare. Esa é a oferta educativa que, ano tras ano, incrementa a Consellería de Educación. O seu titular, Xesús Vázquez, suliñou que estes programas de inmersión lingüística están a servir para mellorar a competencia dos alumnos galegos en lingua inglesa.
 
“É unha experiencia altamente positiva", suliñou Vázquez aos medios de comunicación no transcurso dunha visita ao Centro de Excelencia para a Formación en Inglés na terra de Feijóo, Os Peares, precisamente para comprobar como están a aproveitar os alumnos a estancia nesas instalacións para mellorar a súa competencia no uso da lingua inglesa.
 
Trátase dunha inmersión total, cento por cento en inglés, porque os alumnos desde que se levantan ata que se deitan, están acompañados en todo momento por auxiliares de conversación de fala inglesa, ademais de realizar actividades extraescolares e deportivas”, indicou.
 
Por iso, o conselleiro presumiu do esforzo" que está a realizar a Xunta de Galicia para que os alumnos poidan dispor destas "xornadas de inmersión completa nesa lingua". Ademais, lembrou que, grazas a esta iniciativa, están a realizarse "dentro de nosa propia Comunidade", cando "hai anos desenvolvíanse fóra de Galicia", o que lle posibilita á Xunta "traballar con empresas de aquí".
 
Actualmente hai 77 alumnos de cinco centros" participando nas estancias de outono, que teñen unha duración dunha semana e que, en principio, van destinadas a un total de 400 alumnos de sexto de primaria e o catro cursos da ESO. Nos meses de verán,  foron 600 as prazas convocadas pola Consellería de Educación e, nese caso, os cursos tiñan unha duración de dúas semanas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario