xoves, 13 de novembro de 2014

Defende o teu dereito para participar, PARTICIPANDO!

CEAPA iniciou unha Campaña de Consellos Escolares para as eleccións que están a ter lugar nestas datas nas distintas comunidades. Nesta campaña eliximos o lema "Defende o teu dereito para participar, PARTICIPANDO!", e pretende informar dos diferentes dereitos de participación cos que contamos pais e nais e animar ás familias para exercer estes dereitos participando nas eleccións a Consellos Escolares.
Para que poidades promover a participación nos Consellos Escolares entre as vosas AMPAs, e podamos conseguir entre todos a participación do maior número posible de familias, facilitámosvos os seguintes aspectos que esperamos sírvanvos de axuda:

 -         Achegamos no mail dous carteis que creamos para a campaña. Estes carteis só están dispoñibles de forma dixital.

 -         Achegamos un documento co cartel e co detalle de todos os dereitos de participación de pais e nais.

 -         Na páxina web de CEAPA, colgamos a anterior información, especificando tamén os vosos datos de contacto para este tema, así como información que nos fostes remitindo, referente á vosa comunidade.

 -         Nas redes sociais, estamos a transmitir mensaxes sobre estes dereitos, están tanto en Facebook (CeapaFormación), como en twitter, en @Ceapa3 e na nova conta creada ?@ConsejEscolares? polo que agradecemos compartádelos o máximo posible.

 -         Enviámosvos o link do vídeo sobre Consellos Escolares que CEAPA realizou para promover a participación de pais e nais. Só aclarar que o vídeo se realizou hai dous anos, polo que non incorpora a actualización da LOMCE. Pero mantén o obxectivo de informar e animar ás familias para votar nas eleccións a Consellos Escolares, polo que segue sendo un instrumento para Federacións e AMPAs para animar a pais e nais a que participen, votando nos Consellos Escolares ou presentando a súa candidatura como futuros conselleiros. No vídeo diversos membros da comunidade educativa que foron membros dos Consellos Escolares opinan e reflexionan sobre para que serve un consello, a importancia da participación, e cales foron as súas experiencias persoais e os seus logros na súa experiencia de conselleiros.

https://www.ceapa.es/content/consejos-escolares

Esperamos que todo isto póidavos axudar a promover a participación nestas eleccións a Consellos Escolares.

Mostrando Cartel Campaña Consejos Escolares CEAPA 1.jpgMostrando Cartel Campaña Consejos Escolares CEAPA 2.jpg

Ningún comentario:

Publicar un comentario