Arteixo acolleu a palabra de 21 poetas nun recital que tamén contou coa música de Bieito Romero e que serviu para acompañar a nova publicación do libro mariñeiro de Xosé Iglesias.
Baixo o título de Cuadrante de Sombras,
a Taberna A Baiuca de Arteixo acolleu o pasado sábado unha xuntanza
poética que celebraba a saída da segunda edición do libro Transfusión
Oceánica (Ed. Caldeirón) do mariñeiro Xosé Iglesias, que participou do
acto xunto a outras vinte poetas sumando así 21, como as pezas que
compoñer o volume, que foron todas recitadas xunto a outras da autoría
de cada participante, sumando así dúas horas de palabra que tamén foron
acompañadas polos sons de varios músicos, entre eles Bieto Romero, de
Luar na Lubre.
O acto honrou así un libro de poemas que
ten no mar a súa razón de ser posto que é obra dun patrón de baixura e
ex-embarcado ao Gran Sol que mesmo recita os seus textos namentres faena
e diante dunha cámara de vídeo e logo os sube á rede. Entre as persoas
que participaron nun evento conducido polo poeta e editor Paco Souto
estaban escritores e escritoras como Tati Mancebo, Miguel Mato, Mercedes
Queixas, Teresa Ramiro, Rivadulla Corcón ou Ramiro Torres
Ningún comentario:
Publicar un comentario