O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia
(CPEIG) vén de convocar a terceira
edición do Concurso de Postais de Nadal, dirixido a nenos e nenas que
estean a cursar infantil ou primaria, e que teñan vinculacións coas persoas
colexiadas. O número máximo de candidaturas por colexiado é de tres. O premio
que recibirá o gañador será unha tableta de 10 polgadas.
O certame aceptará creacións de técnica é libre, podéndose
empregar pinturas, témperas, ceras, collage,
etc. O formato pode ser vertical ou horizontal. Admitiranse entregas dende
o 24 de novembro até as 23:59 horas do día 8 de decembro de 2014 a través de correo electrónico
indicando nome, apelidos, teléfono de contacto e idade do neno participante,
xuntando a postal dixitalizada en formato JPEG ou PNG e cunha resolución mínima
de 300 puntos por polgada. O fallo do xurado darase a coñecer na páxina web do
CPEIG o vindeiro 12 de decembro e o deseño gañador empregarse como postal de
Nadal do CPEIG para 2014, recibindo o gañador unha tableta Bq de 10” (ou
semellante, en función da súa dispoñibilidade).
Ningún comentario:
Publicar un comentario