A UDC celebra o 25 aniversario da súa creación nun momento complicado polos recortes, que fixeron baixar o número de alumnos a niveis dos anos 90. Con todo, a institución xa está máis que consolidada.
“A Universidade da Coruña foi quen máis fixo pola igualdade de oportunidades e polo acceso á educación superior nestes 25 anos”. Con esta reivindicación do propio traballo defende o reitor da UDC o labor desenvolvido pola institución no últimos cuarto de século, efeméride que agora celebra con distintos actos, que foron desde os máis solemnes até o máis festivos, como o concerto que Os Diplomáticos de Monte Alto ofreceron o pasado xoves na Facultade de Socioloxía, pero que tamén abranguen outros eventos como a Semana do Deporte, a Xornada sobre Linguas que terá lugar a finais deste novembro ou antes unha xuntanza de Observatorios Universitarios de Emprego ou o Foro Xuventude en Movemento.Está máis que consolidada a UDC após dúas décadas e media que fixeron realidade o que moitos analistas consideran a decisión de máis longo alcance de todas as que tomou a Xunta de Galiza que durante media lexislatura (1987-1989) estivo presidida en tripartito polo socialista Fernando González Laxe, que puxo fin ao monopolio compostelán ao crear tamén as universidades da Coruña e Vigo, un feito de gran alcance local, que cambiou certos modos sociais pero que Armesto defende agora que a crise volveu poñelo en dúbida: “Non hai demasiadas universidades públicas, pero hai que pensar en clave de sistema e seguir traballando na cooperación e na colaboración entre as entidades”.
A descentralización universitaria fixo crecer ao alumnado e provocou certo cambio en determinados costumesA descentralización fixo que de 60.000 alumn@s, Galiza pasase a case o dobre en poucos anos. Pasaron xa anos desde iso. Agora a situación é complicada, marcada pola aplicación da protestada Lei Boloña, as protestas da comunidade universitaria e os recortes. Para alén dos problemas económicos a todos os niveis, que tamén afectan ao acceso ao ensino superior. A propia Universidade da Coruña ten agora un 25 por cento de alumn@s menos que a finais da década dos noventa. Pero, en todo caso, son uns 15.000 na actualidade na Coruña e uns 3.000 en Ferrol. “O balance destes 25 anos é moi positivo”, sinalou o reitor, que no acto que abría o curso -con Núñez Feijóo ao seu carón- reafirmou o “compromiso coa universidade como servizo público insubstituíbel como factor de xustiza social”. Vai para 25 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario