Julián Villanueva,
profesor
da IESE Business School (Escola de Dirección de Empresas da
Universidade de Navarra), analizará este xoves en Santiago as novas
tendencias en mercadotecnia dixital e nos camiños a seguir para
acadarmos unha transformación óptima e rendíbel cara aos novos
escenarios de actividade en liña empresarial. Asemade, Villanueva
avaliará na cita compostelá (prevista para o Colexio Maior A Estila
a partir das 18.00 horas), a relación entre o gasto en mercadotecnia
e o seu efecto a longo prazo. A conferencia, que terá un marcado
enfoque práctico, insírese no Programa de Continuidade 2014-2015 da
Agrupación de Membros do IESE Business School.
Julián
Villanueva é director do Departamento de Dirección Comercial do
IESE. Antes de incorporarse ao IESE como profesor, traballou para
Promodès (actualmente, Carrefour) como xefe de produto no
departamento de marca branca. Foi consultor de grandes compañías,
como Telefónica, Grupo Santander, Bankinter, Caprabo, Eroski,
Antonio Puig, Mastercard ou Nestlé, entre outras; en temas como
estudos de mercado, cadros de mando de mercadotecnia, segmentación
de clientes, recomendacións de posicionamento, espallamento
internacional e estratexia de mercadotecnia xeral.
A IESE
Business School, a Escola de Dirección de Empresas da Universidade
de Navarra, é segundo informan seus responsábeis “un dos dez
centros máis prestixiosos do mundo deste eido educativo, sendo
pioneiro na formación executiva en Europa desde a súa fundación en
1958 en Barcelona”. Posúe campus en Madrid e en Barcelona, un
centro en Nova York e oficinas en Múnic e São Paulo. Organiza e
dirixe programas en catro continentes. En Galicia, o IESE conta con
preto de 500 antigos alumnos, e imparte un Programa de
Desenvolvemento Directivo -PDD- anualmente en Santiago de Compostela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario