INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
mércores, 19 de novembro de 2014
Os institutos de Lalín participan na X Olimpíada de Bioloxía
Os institutos de Lalín, IES Laxeiro e Ramón
Mª Aller Ulloa participarán na X Olimpíada de Bioloxía. O certame
celebrarase en xaneiro na facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo.
O concurso está dirixido a estudantes de segundo curso de bacharelato
que cursen esta materia durante este ano académico ou alumnos que a
cursasen en 1º de Bacharel e que fosen seleccionados polas
cualificacións. Trátase da fase autonómica que permitirá clasificarse
para o certame nacional, que se celebrará en León e na que participarán o
tres gañadores. A proba consistirá na resolución dunha proba teórica
tipo test e unha práctica con contidos de Bioloxía de ESO e Bacharelato,
centrados na base molecular e fisicoquímica da vida.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario