Nutriremos concretamente a Columna Norte das Marchas, que partirá desde a explanada do antigo mercado gandeiro de Salgueiriños ás 11 da mañá. Alí estaremos coas nosas bandeiras.
Animamos a participar nesta mobilización a todo o profesorado comprometido co ensino público e a todos os demais segmentos da sociedade preocupados pola deriva do noso sistema educativo, que está a ser vítima dunha lei segregadora, elitista e privatizadora (a LOMCE), de constantes recortes e dun continuo deterioro por parte dos Gobernos central e autonómico. Mobilicémonos para esixir unha educación pública e de calidade para todas e todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario