FOGA, socio oficial galego da iniciativa docente-tecnolóxica da multinacional, quere contribuír con este programa de seminarios (o de Santiago, o de Arteixo e os que presumibelmente virán a curto e medio prazo) ao éxito académico dos nosos nenos e adolescentes coa incorporación das novas tecnoloxías ás aulas. Como dixemos, Samsung School é unha achega para a incorporación definitiva e eficiente das tecnoloxías móbiles no eido do ensino. A solución integra encerados dixitais con tabletas de última xeración a través dun software co que o profesor estimula e controla o traballo dos seus alumnos. “Distribuír información, realizar un seguimento do progreso dos estudantes e a avaliación dos seus resultados será en virtude desta iniciativa máis simple que nunca”, sinala FOGA. E engade: “A solución permite que estudantes e mestres accedan, desde dentro e desde fóra da aula e cos seus dispositivos conectados a Internet, a un enorme volume de información en constante evolución e de alto valor educativo”.
Afondando nas metodoloxías empregadas en Samsung School, sinalar que o eixe é un sistema de comunicación entre dispositivos que permite aos profesores saber o que cada alumno fai en cada intre e incentivar os traballos colaborativos. Segundo engade FOGA, “este tipo de plataforma permite que os docentes adapten contidos e estratexias formativas ás necesidades particulares de cada alumno”.
No evento, que será conducido por profesores con experiencia na docencia con dispositivos de mobilidade, participarán tanto persoal de FOGA como especialistas de Samsung España desprazados especificamente para esta xornada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario