O 28% dos docentes sofre acoso e ameazas por parte de pais de alumnos e o
19% son denunciados polas familias, segundo o informe do Defensor do
Profesor do sindicato ANPE relativo ao curso pasado.
Dos 3.345 docentes que acudiron a este servizo, fundamentalmente da
educación obrigatoria, o 27% asegurou que padecía faltas de respecto dos
estudantes e o 16%, acoso e ameazas.
Un 25% sinala que ten problemas para impartir as clases pola
indisciplina dos alumnos e o 10% exponse abandonar a profesión por mor
da conflitividade escolar.
En conferencia de prensa, o presidente de ANPE, Nicolás Fernández
Guisado, afirmou que os "recortes" en educación si tiveron unha
incidencia directa "negativa" na calidade escolar e, aparte, supuxeron
un "aumento da conflitividade" nas aulas e un "retroceso" ou
"estancamento" da convivencia en comparación cos últimos anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario