Un dos aspectos máis comentados e criticados da LOMCE, a nova lei
educativa, é a implantación de probas ou reválidas que sirvan como
mecanismo de avaliación tanto do alumno coma do profesor que imparte a
materia. Neste sentido, é moi complicado de xustificar o novo real
decreto de especialidades do Ministerio de Educación, no que se permite
que profesores non especialistas poidan impartir materias para as que
non están preparados. No caso da miña especialidade, Economía, un
profesor de Filosofía, de Matemáticas ou de Historia podería impartir
materias de contido económico co conseguinte prexuízo para o alumno que
despois ten que superar as devanditas reválidas. Quen será o responsable
entón do seu suspenso?, quen será o culpable de que o alumno non obteña
o seu título de Graduado en Secundaria ou de Bacharel?
En educación, a especialización é un requisito necesario para alcanzar a excelencia que pregoa esta lei. Non sacrifiquemos este obxectivo en prol de criterios organizativos. Como di o refraneiro popular: zapateiro, aos teus zapatos. Todos sairemos gañando, os alumnos os primeiros. - José Carlos Garrido García.

Ningún comentario:
Publicar un comentario