Atendendo
as demandas do mercado dende Innova Idiomas
decidiron organizar un Master que a longo de 540 horas de formación presencial
mestura as principais áreas que compoñen as tecnoloxías da Internet e as
ferramentas esenciais da dirección de empresas, que combinarán co dominio do
inglés (mínimo B2) e un nivel de iniciación de Chinés Mandarín (A2).
O Master In Digital Business and
Languages componse por módulos interpretados e impartidos por profesores
cunha ampla experiencia profesional en cadansúa área, de aí que procurarán
expor os seus coñecementos dun xeito eminentemente práctico e próximo ao día a
día empresarial.
Este innovador Master principiará o 24 de novembro no Centro de Formación da
Cámara de Comercio de A Coruña, desenvolverase de luns a xoves de 16:00 a 21:00
horas, e prolongarase até o 18 de xuño de 2015. Contará con 15 prazas para o
Master completo e 5 prazas complementarias por módulo, pois é posible
matricularse no programa completo ou a versións reducidas.
Este curso de posgrao está dirixido a emprendedores, xerentes de PEME ou
directivos que queiran orientar os seus negocios ao ámbito dixital, a
profesionais do marketing ou da
comunicación, a titulados que queiran fornecer os seus currículos con
competencias propias da economía actual e, en xeral, a profesionais que
necesiten reciclarse para poder subir ao tren da revolución da Internet.
Entre os obxectivos do Master In Digital
Business and Languages figuran a adquisición dunha visión estratéxica do
conxunto das áreas da Internet, acadar os coñecementos técnicos para poder
abordar de xeito autónomo proxectos de comercio electrónico, conseguir un nivel
excelente de inglés e básico de chinés, coñecer as técnicas de marketing en liña, identificar as
tecnoloxías que poderían ser de aplicación para a nosa empresa ou proxecto e
adquirir os coñecementos necesarios para poder crear unha empresa de base
tecnolóxica.
Os participantes no Master terán a opción de realizar prácticas en empresas
cunha duración mínima de 3 meses, encargándose o equipo de Innova Idiomas en
facilitar a incorporación nunha das súas empresas colaboradoras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario