Este proxecto prevé acudir ao ‘crowfunding’ para financiar a súa posta en marcha e servirá como complemento á formación do Máster en Servizos Culturais da USC.
CulturaLab. Ese o nome do dun laboratorio de
transmisión de coñecementos e ideas que a USC acaba de poñer en marcha
para desenvolver proxectos culturais.
O seu obxectivo é conectar os seus titulados coa industria cultural.
Responde a un formato de transmisión de coñecemento diferente ao dos
programas tradicionais, co obxectivo de poder seguir sendo unha
referencia na xeración de coñecemento.
Ademais, esta ferramenta permitirá ao estudantado do Máster en Servizos
Culturais completar a súa formación teórica con sesións de marcada
orientación práctica encamiñadas a artellar e desenvolver proxectos
culturais. “CulturaLab bota a andar coa pretensión de converterse no lugar no que desenvolver outras formas de transmisión de saberes,
así como converterse nunha ferramenta para abrir a Universidade á
sociedade”, indicou o coordinador do proxecto, Fran Quiroga.
Para acadar este obxectivo, os promotores desta nova proposta formativa
contemplan o desenvolvemento de distintas sesións prácticas, así como
de relatorios sobre temática diversa que serán impartidos por persoas
que investiguen noutros lugares alleos á comunidade universitaria, tales como poden ser persoas involucradas en movementos sociais, feministas...
Por iso, o CulturaLab do Máster de Servizos Culturais da USC
configúrase como un ecosistema de aprendizaxe continua, usando a
metodoloxía coñecida como learning by doing. “É dicir
aprender facendo, e por iso pretende que os alumnos/as do máster
materialicen o proxecto cultural que desenvolvan no propio CulturaLab”,
sinala.
Para a obtención de financiamento preciso para a posta en marcha do
proxecto mellor cualificado por un comité técnico, os seus promotores
poderán recorrer ao ‘crowdfunding’, a través de plataformas de mecenado.
A campaña de microfinanciamento colectivo, cuxo límite está fixado en 15.000 euros, durará 40 días durante nos meses de setembro e outubro de 2015, para logo realizar o proxecto no mes de novembro.
Este proxecto conta cunha achega de 1.000 euiros da Área de Cultura e
Turismo da Deputación Provincial de Lugo. O seu responsable, Mario
Outeiro, tamén participou na presentación do CulturaLab.
Ningún comentario:
Publicar un comentario