Só 70 parroquias, das case 3.800 que temos no país, concentran 1.152.000 habitantes. O 24% da poboación viven en zonas moi pouco poboadas (ZPP ‘superbaixa’) e que ocupan o 87,5% do territorio.
O 41,2 por cento dos galegos viven en 70 parroquias (en Galiza hai 3.790), que supoñen o 1,2% da superficie do noso país. Máis dun millón cento cincuenta mil persoas concentradas en menos de 348 kilómetros cadrados, dos perto de 30.000 que ten Galiza. Cifras que evidencian o despoboamento e desertización do rural e que, difundidas polos Instituto Galego de Estatística en base a un estudio de 2011, volven á primeira plana por mor dos dados do INE que sinalan a perda de habitantes de Galiza, principalmente no rural e no interior. O propio IGE volvía lembrar nas redes sociais os clarificadores dados do estudo o pasado 10 de novembro.Hai 70 parroquias en Galiza cualificadas como ZDP (Zonas Densamente Poboadas). Hai 8 zonas así identificadas no país e que se corresponden coas sete grandes cidades e a área de Vilagarcía-Cambados.
Na ZDP a densidade é de 3.316 habitantes por kilómetro cadrado mentres na ZPP ‘superbaixa’ é de 25,6.O 24% da poboación galega viven en zonas pouco poboadas (ZPP ‘superbaixa’) e que ocupan o 87,5% do territorio galego. De calcularmos as densidades de poboación en ambas as dúas zonas a diferenza saltaría aínda máis á vista. Na ZDP a densidade é de 3.316 habitantes por kilómetro cadrado mentres na ZPP ‘superbaixa’ é de 25,6.
A clasificación do grao de urbanización das parroquias e concellos galegos elaborouse en base aos parámetros fixados por Eurostat: Zona Densamente Poboada, Zona Intermedia e Zona Pouco Poboada. Mais era unha clasificación de ‘trazo groso’ para reflectir a realidade de Galiza, non permitindo, como recoñecía o IGE, diferenciar núcleos importantes “de poboación con certo gro de urbanización, sobre todo nas provincias de Ourense e Lugo”. Por iso desenvolveuse unha sub-clasificación, pasando das tres zonas antes mencionadas (ZDP, ZIP, ZPP) a sete subzonas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario