Na data de nacemento de Andrés do Barro, AGAL chama os e as ‘neos’ a presumir de idioma (galego) malia falalo 'daquela maneira'.
A Associaçom Galega da Língua (AGAL) promove a celebración do Dia do Orgulho Neofalante. A escolla da data débese ao aniversario do nacimento do cantor Andrés do Barro, designado hai varios anos por diferentes colectivos como símbolo das persoas neofalantes de galego.
As galegas e galegos paleo-falantes tamém poden participar, no seu caso publicando un cartaz no que exhiban apoio e solidariedade coas e cos neofalantesCon esta iniciativa, AGAL recupera a idea do coletivo Sei o que nos Figestes. As persoas interesadas en participar están chamadas a enviar autofotos cun cartaz que poña «Son neofalante e estou orgulllos@o» e publicalas no evento criado na rede social Facebook.
As galegas e galegos paleo-falantes tamém poden participar, no seu caso publicando un cartaz no que exhiban apoio e solidariedade «con aquelas persoas que, nunha dada altura das súas vidas, deciden pasarse ao galego».
Ademais, para esta e outras redes sociais foron escollidas unha serie de palabras-chave: #1outubro #DdoONF #OrgulhoNeofalante #OrgulhoNeo.
Finalmente, as persoas que ainda son español-falantes mais teñen vontade de pasar para o galego, poden enviar unha autofoto cun cartaz coa lexenda «De hoje nom passa! Hoje passo ao galego!».
Ningún comentario:
Publicar un comentario