O Sindicato de Estudantes convoca a todos
os estudantes de ensino secundario, FP e universidade a unha folga xeral
os días 13 e 14 de abril, para esixir a derrogación inmediata da LOMCE,
o Decreto 3+2 e todos os recortes educativos do goberno do PP.
A dous meses da celebración das eleccións
xerais, a educación pública atópase nunha situación de emerxencia.
Golpeada por recortes de miles de millóns de euros, o despedimento de
miles de docentes, pola subida escandalosa das taxas universitarias e a
redución das bolsas, e sometida a contrarreformas franquistas e
clasistas como a LOMCE e o 3+2, os estudantes non imos aceptar de ningún
modo que se traizoe a loita da Marea Verde.
O Sindicato de Estudantes quere manifestar o seu categórico rexeitamento ás manobras e propostas de Pedro Sánchez e o equipo negociador do PSOE que son unha completa burla ao movemento de millóns de estudantes, profesores e pais. As súas declaracións confirmando que non derrogarán a LOMCE e o 3+2, desdiciéndose das súas promesas, non fai máis que o xogo á dereita e a todos aqueles que afundiron o dereito a unha educación digna e gratuíta para os mozos que pertencemos a familias traballadoras.
Pedro Sánchez e a dirección do PSOE parece que están encantados co pacto que alcanzaron con Cidadáns, formación á que ata fai moi pouco tachaban de dereita 2.0. Que non esqueza Pedro Sánchez que con este pacto traizoa aos seus votantes e á mocidade. Se el non ten principios e pretende vender o ensino público aos representantes do Ibex 35, os estudantes se os temos e seguiremos loitando polo que é xusto: un ensino público, digna, gratuíta, democrática e de calidade, sen recortes e leis franquistas, e á que todos os mozos podamos acceder en igualdade de condicións.
Chamamos á mocidade á rebelión nas rúas, a baleirar as aulas o 13 e 14 de abril, a organizar comités de loita en todos os institutos e facultades. Non imos permitir que en negociacións clandestinas, en despachos e ás costas de todos nós, véndase de novo o ensino público. Chamamos tamén a toda a comunidade educativa, aos pais e nais, aos profesores, ás súas organizacións e sindicatos de clase, a confluír nesta mobilización e volver levantar a bandeira da Marea Verde, deixando moi claro ao futuro goberno, sexa o que sexa finalmente, que non loitamos estes anos para que todo siga igual. ¡Non o imos a permitir!
Ningún comentario:
Publicar un comentario