O poemario “Tempo de exilio”, de Joseba Sarrionandia, traducido ao galego por Isaac Xubín e publicado na colección Tambo do selo Faktoría K, gañou a primeira edición do Premio de Tradución Etxepare-Laboral Kutxa, convocado polo Instituto Vasco Etxepare.
Este galardón, que vén de entregarse en Donostia
coincidindo co Día Internacional da Tradución, recoñece a calidade do
traballo realizado por Xubín. “Tempo de exilio”
-en edición bilingüe eúscaro/galego- é a primeira antoloxía poética de
Sarrionandia, un dos principais expoñentes da moderna literatura vasca. O
propio autor participou na selección das composicións, que abranguen
tres décadas de traxectoria literaria.
Filólogo, escritor e tradutor, na actualidade Isaac Xubín é profesor en Sheffield. É autor de varios libros de poesía, narrativa curta e colaborou en publicacións colectivas. Como docente e investigador, elaborou un dicionario galego-éuscaro e foi lector de lingua e literatura galegas no Colexio Universitario de Cork. Na súa faceta como tradutor sobresae por ter recibido o Premio Lois Tobío 2012 da Asociación Galega de Editores (AGE) ao mellor libro traducido por “Alén da fronteira: sete poetas vascos”, publicado igualmente na colección Tambo.
Joseba Sarrionandia (Iurreta, 1958) é un dos máis destacados escritores en euskara, aínda que é máis famoso polos devires da súa vida. En 1985 fuxiu do cárcere de Martutene agochado dentro duns bafles no concerto de Imanol, feito que inspirou a coñecidísima canción de Kortatu Sarri Sarri. Desde entón está en paradoiro descoñecido, o que non lle impediu seguir publicando desde o exilio.
O Instituto Vasco Etxepare é unha institución cuxo obxectivo é difundir a lingua e a cultura vascas por todo o mundo, promovendo a difusión internacional do éuscaro e dos creadores vascos en todas as disciplinas, dende a literatura ás artes escénicas, pasando polo cinema, a escultura, a pintura ou a música.
Bernart Etxepare escribiu en 1545 o primeiro libro en lingua vasca, titulado ‘Linguae Vasconum Primitae’, que formulaba un desexo para esta lingua: “Euskara móstrate na rúa / Euskara móstrate na praza / Euskara móstrate ao mundo”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario