A
Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da
Educación da Universidade de Santiago de Compostela organiza a VIII Xornada "Recursos educativos en galego",
que terá lugar o 5 de novembro de 2015 na Facultade de Ciencias da
Educación (Campus Norte). A xornada, que nesta edición se centrará na
educación artística, está destinada aos membros da comunidade educativa
(alumnado, profesorado e mais persoal de administración e servizos)
desta facultade interesados en coñecer novas estratexias e recursos
didácticos en galego.
Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.
Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario