O Clube da Lingua
do IES Marco do Camballón (Vila de Cruces) organiza o Concurso de
Fotografía Boina de Ouro, dirixido a profesionais ou afeccionados á
fotografía. Entre os obxectivos da iniciativa están os de promover a
boina como accesorio de moda, vincular o idioma ás últimas tendencias e
promover o uso do galego na comunicación social en rede.
Establécense dúas categorías: "Premio Boina de Ouro", onde se valorará
especialmente a calidade artística da foto, e "Premio Boina de
Simpatía", que premiará a foto que mellor promova (con humor e simpatía)
a imaxe da boina nas redes sociais. Para consultar as bases completas
do concurso, preme aquí.
Información tirada do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario