Sanches Maragoto substitúe así na presidencia da AGAL a Miguel Penas tras recibir un 87% dos votos favorables nun proceso electoral na que a candidatura Polo Novo Consenso inclúe no seu programa a proposta de confluencia normativa que foi debatida na plataforma Loomio ata hai poucos días e na que o 74% das persoas participantes -todas elas socias e socios da Associacçom- mostraron o seu interese na iniciativa.
A nova directiva aposta pola "continuidade" no traballo da directiva saínteA candidatura elixida sempre manifestou a súa intención de "dar um passo à frente para continuar o trabalho da diretiva sainte" e inclúe no seu programa "praticamente todas as propostas colocadas polos sócios e sócias na ferramenta on-line para elaborar de maneira co-participada o programa e as linhas de açom". Ademais, a que será nova dirección da AGAL asegura que se terán "em conta certos aspetos para completar outras propostas ou já aparecem aglutinadas com outros pontos do programa que figuram no programa".
Ademais de Sanches Maragoto, no equipo dirixente inclúense Carlos Quiroga, Eliseu Mera, José Calleja, Susana Arins, Jon Amil, Ricardo Gil e Xico Bugueiro. A directiva aposta pola continuidade, así como por engadir novos obxectivos a esta nova andaina. Así, garante o seu compromiso de "trabalhar para a elaboraçom de umha proposta de confluência normativa", ademais do "acompanhamento da Lei Paz-Andrade (LPA)" ou a "vinculaçom reintegracionismo e identidade galega".
Respecto da LPA, os obxectivos baséanse en catro eixos: "ensino, conhecimento mútuo Galiza-Lusofonia, trocas de ámbito audiovisual e outros". Ademais, a principal área de continuidade será a Através Editora, a cal iniciará unha nova etapa baixo a dirección de Valentim Fagim, que buscará "garantir a ediçom de onze livros por ano e ao menos umha coletánea internacional".
Ningún comentario:
Publicar un comentario