É o 5,5% da poboación do país, afirma a EAPN no seu informe 'O Estado da pobreza 2009-2015', a porcentaxe máis alta desde o inicio da crise.
A Rede europea de Loita contra a pobreza e a exclusión social (EAPN) presentou o seu quinto informe 'O Estado da pobreza. 2009-2014', un documento no que se fai unha completa radiografía dos indicadores de privacións e exclusión no Estado español. O informe afirma que hai 96.000 galeg@s en situación de 'pobreza severa', o que significa que están obrigados a sobrevivir con menos de 330 euros mensuais por unidade de consumo. Estamos a falar, lembra a rede, do 3,5% da poboación de Galiza.Mais a esta cifra hai que engadir outra, prosegue a EAPN no seu documento. A dos 151.000 persoas que en Galiza están en 'carencia material severa', é dicer, que non poden facer fronte a catro dos nove conceptos de consumo básico definidos a nivel europeo (retrasos pagamento hipoteca, retrasos pagamento auga ou luz, non poder comer carne ou peixe cada dous días,...) O 5,5% d@s galeg@s entrarían nesta categoría, indica a Rede europea. A porcentaxe máis alta desde o inicio da crise, cando eran o 3,4 por cento. Ademais, case o 15% da poboación menor de 60 anos que reside en Galiza vive en fogares con baixa intensidade de emprego.
Malia todos estes dados, desde a EAPN sinálase que a Galiza ten mellores rexistros en todos estes eidos que a media do Estado español., que atinxe cifras récord en desigualdade e pobreza: na actualidade hai 13.657.232 persoas que viven en risco de pobreza e/ou exclusión social en España . Delas, 3,2 millóns viven en situación de pobreza severa
Ningún comentario:
Publicar un comentario