A empresa galega SIVSA,
responsábel
entre outros desenvolvementos do software de xestión de clínicas
Fenix, estivo o
pasado mes de setembro en Bruxelas participando nunha visita
institucional e empresarial organizada pola asociación Ineo. A
experiencia, compartida con outras empresas do sector galego das
novas tecnoloxías, serviu para que coñeceran de primeira man as
perspectivas de acceso a fondos de cooperación europea para firmas
do eido tecnolóxico no marco do programa Horizonte 2020. A visita
institucional centrouse sobre todo en achegar luz sobre as
estratexias LEIT (Leadership
in Enabling and Industrial Technologies), e nesta materia
foron asesorados por Gustaf Winroth (responsábel das convocatorias
de I+D relacionadas coas TIC no Horizonte 2020) e por Enrique Aresti,
da Dirección Xeral de Mercado Interior, Industria, Emprendemento e
PEME.
Segundo informa SIVSA, a
empresa tivo ocasión de afondar nos servizos que a Comisión Europea
proporciona ás pequenas e medianas empresas dentro do programa COSME
para o acceso a mercados exteriores. Este achegamento ao programa
COSME materializouse sobre todo nun encontro coas representantes da
Axencia Executiva para PEME (EASME), Idaira Robayna e Rebeca de
Sancho. Por outra banda, na sede do REPER, a Representación
Permanente de España ante a UE, SIVSA coñeceu máis de preto o
funcionamento de Europa como subministradora de fondos en Proxectos
de Cooperación.
Tanto SIVSA como o resto
de empresas que viaxaron xunto a Ineo, aproveitaron a súa estadía
en Bruxelas para xantar coa directora da oficina na cidade belga da
Fundación Galicia Europa, Ana Ramos Barbosa, e cos eurodeputados
galegos Francisco Millán Mon (PP) e José Blanco (PSOE), “co
obxectivo de poder achegar a visión sectorial dos traballos que
ambos realizan na Eurocámara”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario