EN RESPOSTA A UNHA INICIATIVA DO BNG
O Ministerio do Interior bota balóns
fóra e contéstalle ao BNG que a exclusión da lingua galega nas
credenciais das actas de edís é responsabilidade das Xuntas Electorais
cando as ferramentas informáticas de Interior só permitían empregar o
castelán.
O Ministerio do Interior vén de responderlle ao BNG a pregunta rexistrada no Congreso en relación á exclusión do galego nas credenciais das actas dos concelleiros e concelleiras nas pasadas eleccións municipais. Nunha resposta parca, Interior responsabiliza as Xuntas Electorais de non contemplar o uso do galego, “de conformidade co previsto no artigo 108 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, de Réxime Electoral Xeral, a expedición de credenciais da proclamación de electores corresponde ás Xuntas electorais”.
E isto, a pesar de que, tal e como denunciaba a deputada nacionalista Rosana Pérez na súa iniciativa, as ferramentas informáticas postas a disposición por Interior tan só permitían empregar o castelán. Así, o galego foi a única lingua do Estado excluída na escritura das actas de nomeamento de concelleiros e concelleiras.
Na batería de preguntas, Rosana Pérez aludía á “falta de respecto” do Goberno central cara ao galego e denunciaba que a Administración Xeral do Estado “vulnera” e “minimiza” de maneira constante a oficialidade do galego.

Ningún comentario:
Publicar un comentario