Están acusados de “atentado á autoridade”, “lesións” e “desordes públicas”. Eles negan as acusacións. “Colléronnos como cabeza de turco”, afirma Aarom Curbeira, un dos procesados.
O 23 de outubro de 2014 máis dun cento de estudantes se concentraron ás portas da Facultade de Matemáticas da USC para apupar o presidente da Xunta pola súa política de recortes ao ensino público. A mobilización obrigou Núñez Feijóo a cancelar a súa ponencia nun ciclo de conferencias organizado pola Universidade de Compostela. Días despois, o 5 de novembro, a policía española procedía a deter varios estudantes participantes naquel protesto, aos que se acusou de delitos como “atentado á autoridade” ou “desordes”. Un ano após das detencións, o vindeiro 10 de decembro, decorrerá o xuízo contra tres estudantes: Aarom, Mario e Atanes. A Fiscalía pide tres anos de prisión para cada un (9 en total) mentres que a acusación particular solicita 2 e medio para cada un (sete e medio en total). Aliás, solicítase unha multa de por volta duns 1.200 euros para cada un en concepto de indemnización.Falamos con Aarom Curbeira, estudante de Relacións Laborais, dunha petición de penas que non dubida en que procura unha finalidade clara: “Meter medo, amedrentar ”. Sinala que o protesto foi “totalmente pacífico” e que o atestado policial está “inzado de mentiras e incorrecións”.
"Foi un acto pacífico. As penas que se piden son totalmente desproprocionadas"Á paisana
Lembra este estudante que a mobilización decorría sen problemas até que cinco persoas agarraron un dos mozos que tomaba parte no protesto “para levalo”. “Ían vestidos de rúa e en ningún momento se identificaron como policías, en ningún momento, reitero”. Foi aí cando houbo forcexeos e tiras e afrouxas. Curbeira enterouse de que esas persoas eran policías de paisano dúas semanas despois, cando os detiveron. “Acusáronnos de lesións a axentes policiais”, polo que se deduce que aquel día tiña que haber policias na mobilización embora non ver ninguén uniformado. Unha acusacións, acrecenta o estudante, que se lle fan no atestado baseándose nas fotografías do protesto publicadas por un diario compostelá. “Son imaxes onde se ve moita xente e eles deberon coller a tres como cabezas de turco”.
A respeito da detención, salienta que a mesma produciuse nun operativo desproporci9onado e case tres semanas despois da mobilización contra Feijóo. “Vixiancia ás portas da casa, seguimento, detenciíon na Facultade...” cando o propio sería, indica, “unha simple citación”. Unha mostra máis, considera, “da liña represiva en aumento contra os movementos sociais ou calquera mínima disidencia”.
Solidariedade
Hai uns días activouse unha campaña de solidariedade para con estes tres estudantes. Xa asinaron o manifesto solidario case unha decena de organizacións, para alén das mostras de apoio e solidariedade indisvuduais que, recoñece Curbeira, están a receber. “A xente ve que con unhas peticións desproporcionadas por unha simple mobilización”, aponta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario